• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

Unións Agrarias solicita da xunta un compromiso serio para o pago dos danos da fauna salvaxe

Medio Ambiente 14 Jun 2016 0

Unións Agrarias solicitará estes días unha reunión de traballo coa Consellería de Medio Ambiente, para concretar o anuncio do Presidente da Xunta da semana pasada, sobre a posta en marcha dun paquete de axudas, dotada con ata 2,5 millóns de euros, para a prevención e pago dos danos da fauna salvaxe. Estes cartos procederían dun pago extra de 20 millóns de euros do Goberno Central, por ter cumprido a Xunta de Galicia cos obxectivos do déficit para 2015.

Unións Agrarias invita a Administración galega a un diálogo cos axentes do sector para sentar as bases dun Fondo permanente para o pago dos danos da fauna salvaxe e cinexética na agricultura. Fondo que non pode estar ao capricho dunha administración ou a existencia de remanentes económicos, senón que ten que formar parte da política estrutural da Consellería de Medio Ambiente. Por elo é fundamental proceder de xeito serio e rigoroso, e poñer en marcha o Fondo de Corresponsabilidade (para pago de danos e de medidas preventivas) que ven definido na Lei13/2013 de caza de Galicia, e que acumula xa tres anos de retraso para a súa posta en marcha, dende a entrada en vigor da Lei.

Unións Agrarias ven defendendo un modelo activo de xestión da fauna salvaxe e cinexética, para garantir a conservación coa actividade agraria no medio rural galego, de forma que se minimicen os danos deste tipo de fauna, sobre a agricultura e a gandería. Sendo unha parte fundamental deste modelo o pago dos danos que se produzan, pois por boa que sexa a xestión da prevención, nunca haberá risco cero para os profesionais agrarios. No ano 2009, coa chegada de Feijoo ao Goberno da Xunta, se eliminou a liña de axudas para o pago dos danos do xabarín que estaba en vigor dende o 2006, deixando daquela sen pagar aos afectados case que un millón de euros de danos do xabarín acumulados.

É preciso seguir avanzando nos protocolos de control de danos do xabarín na agricultura, así como do lobo na gandería, e outras especies como os corzos, os corvos, e agora tamén o oso, que empeza a introducirse na montaña lucense. Para elo é fundamental unha maior implicación da Xunta na coordinación de agricultores e gandeiros, cos TECOR e Sociedades de Caza encargados por Lei da xestión cinexética do territorio galego, de forma que se autoricen de xeito áxil medidas de control das mandas de xabarín nas épocas sensibles para os cultivos, así como o cumprimento dos copos de caza durante a temporada hábil, que garanten o control das poboacións de xabaríns. Así os danos terían un volume máis reducido e un menor impacto na economía agraria galega, e faría a súa vez menos oneroso o seu pago aos afectados mediante un Fondo económico estable e legalmente articulado.

E por suposto na xestión do lobo, é indispensable a revisión das contías e axilización de pagos das axudas por ataque do lobo, que dende o ano 2009, son as únicas que na práctica paga a Xunta de Galicia por danos de fauna salvaxe, si ben con ata 2 anos de retraso aos gandeiros afectados, a pesares de que os expedientes de pago apenas superan os 300.000 euros anuais.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

1 de cada 6 hectáreas del planeta ya pierde potencial agrícola por el cambio climático
Medio Ambiente13 Jul 2026

1 de cada 6 hectáreas del planeta ya pierde potencial agrícola por el cambio climático

El campo valenciano se moviliza contra la sobrepoblación de fauna silvestre
Medio Ambiente13 Jul 2026

El campo valenciano se moviliza contra la sobrepoblación de fauna silvestre

El riesgo de incendio se dispara ante la próxima ola de calor
Medio Ambiente3 Jul 2026

El riesgo de incendio se dispara ante la próxima ola de calor

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar