Do mesmo xeito, dende a nosa organización demándase da Consellería que emita un modelo de solicitude o máis completo posible, de tal xeito que o gandeiro teña que encher unicamente datos básicos, como o do número de conta ou a sinatura. Esta petición susténtase na escaseza de tempo para presenta-las solicitudes e no feito de que a Administración posúe cada un dos datos esixidos para estas axudas, polo que non é necesario complicar ó gandeiro con innecesarios trámites burocráticos.
Cómpre lembrar tamén que para os productores de leite estas axudas son toda unha novidade, con todo o desconcerto que isto pode supoñer nesta primeira campaña de primas. Estes incentivos comunitarios son de dous tipos: a prima láctea, proporcional á cota anual do gandeiro, e os pagos adicionais.
A prima concederase por ano natural, por explotación e por quilogramo de cota disponible con dereito a prima. Para optar á mesma, os productores deben contar con cota disponible e ter realizado, antes do 31 de marzo de cada un dos anos, entregas a un comprador autorizado, ou ter presentado en prazo declaración de venda directa.
Os pagos adicionais correspóndelle distribuí-los á Consellería de Política Agroalimentaria, ben de forma proporcional ás primas lácteas, ou de acordo coas modalidades de explotación recollidas na nova normativa aprobada. Neste sentido, a Galicia correspóndelle repartir 6.326.316 euros nesta campaña, que serán 12.683.673 en 2005 e 19.025.510 en 2006.
Santiago, 14 de abril de 2004
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.