• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O SLG pídelle a Medio Ambiente a paralización inmediata da orde para fomentar a forestación de terras agrarias

Forestal 17 Mar 2005 0

O Sindicato Labrego Galego (SLG) vén de esixir formalmente a retirada da orde que está preparando a Consellaría de Medioambiente, coa que se pretende regular o fomento da forestación de terras agrarias, por consideralo como un forte atranco ao desenvolvemento rural, agrario e gandeiro do noso país. Ademais, o SLG vai iniciar unha rolda de contactos coas consellarías de Política Agroalimentaria, Política Territorial e de Sanidade para que paralicen esta orde e impidan o troco no uso das poucas terras agrarias que nos quedan.

Asemade, o Sindicato Labrego Galego pedirá que o diñeiro que se pretende empregar para este novo plan de forestación de terras agrarias se utilice no pagamento do volume total das indemnizacións compensatorias para zonas desfavorecidas e de montaña, das que depende a viabilidade económica de moitas explotacións galegas, e nas medidas agroambientais.

Dispor de terra, de superficie agraria útil (SAU), é fundamental para manter a actividade agraria e gandeira en calquera país que queira acadar un nivel de desenvolvemento axeitado. De feito, no espacio europeo no que estamos integrados, en ningún estado está a superficie agraria útil por debaixo do 40%.
Non embargante, a Xunta de Galiza levou adiante, nos últimos anos, unha política moi agresiva de forestación de terras agrarias que provocou que, a día de hoxe, en calquera informe sobre a actividade agraria ou sobre o medio rural apareza a diminución de SAU como un problema grave.

Así, o informe sobre o subsector agrogandeiro e forestal en Galiza, elaborado polo Consello Economico e Social de Galicia (CES), pon de manifesto que xa no período 1995 / 2000, a SAU galega era do 22%, fronte á SAU española que era do 51%.

Actualmente, estímase que a SAU na Galiza está en torno ao 15%. Isto significa unha forte hipoteca para as explotacións que non poden acadar dimensións adecuadas, non poden reducir a carga gandeira, e vense na obriga de depender fortemente das empresas de alimentación animal. Por outra banda, as persoas mozas que se queren incorporar á actividade agraria están tendo serios problemas para poder acceder á terra.

Galiza non precisa seguir fomentando a forestación de terras agrarias; pola contra, precisa todo o contrario: recuperar terras aptas para a actividade agrogandeira que na actualidade están forestadas.

O problema da base territorial das explotacións é tan evidente que mesmo no documento “A Galiza do 2020” que ten elaborado a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) aparece como un problema importante.

Pero se analizamos esta cuestión dende outras perspectivas, atoparemos que a forestación de terras agrarias xera problemas de tipo social que van alén dos estrictamente relacionados coa actividade agropecuaria e afectan á cidadanía no seu conxunto:

• Saúde: A esta alturas, xa ninguén dubida que a base para unha boa saúde é ter unha alimentación san e nutritiva. A falta de terra leva, por unha banda, á dependencia na alimentación animal (xa vimos o que pasou coas vacas tolas) e, pola outra, á intensificación da produción (o que provoca aumento dos residuos nos alimentos e diminución do seu valor nutritivo). Por esta razón, e porque entendemos que saúde non consiste só en actuacións médicas, é polo que imos dirixirnos ao Conselleiro de Sanidade, solicitando que se posicione.

• Medio ambiente: A intensificación da produción é unha importante fonte de contaminación das terras e das augas e, ademais, a falta de acceso á terra provoca un maior abandono do medio rural, co cal os incendios forestais seguirán sendo un grave problema. Por isto, resulta chocante que sexa o propio Conselleiro de Medioambiente quen estea promovendo unha orde para fomentar a forestación de terras agrarias.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El agricultor, primera línea de defensa ante el peor arranque de incendios en dos décadas
Forestal6 Jul 2026

El agricultor, primera línea de defensa ante el peor arranque de incendios en dos décadas

Alertas tempranas y gestión del monte: la receta comunitaria contra los incendios forestales
Forestal30 Jun 2026

Alertas tempranas y gestión del monte: la receta comunitaria contra los incendios forestales

¿Por qué el alcornoque cordobés necesita adelantar su calendario de descorche?
Forestal26 Jun 2026

¿Por qué el alcornoque cordobés necesita adelantar su calendario de descorche?

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar