• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

XXAA esixe á Consellería de Medio Rural que retire a Lei de Prevención de Incendios

Forestal 18 Dic 2006 0

A Organización Profesional Agraria Xóvenes Agricultores, ASAJA Galicia, a de maior representación en Galicia, insta á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia ao arquivo inmediato do borrador de Anteproxecto de Lei de Prevencion e Defensa contra Incedios Forestais e a unha revisión profunda, seria, consensuada e real da problemática dos incendios. Ista Lei debe contar con tódolos sectores afectados e relacionados co Medio Rural, para así conseguirmos sen precipitacións unha Lei necesaria pero có rigor científico e técnico que merece, non meramente coercitiva e feita de costas á propiedade rural, e dendo logo, acompañadas das medidas de apoio que merece.

A xuizo de Xóvenes Agricultores, o medio forestal se integra e complementa totalmente nas explotacións agrarias. E desgraciadamente, con iste Anteproxecto de Lei, a Consellería de Medio Rural amosa unha visión totalmente distinta ao calificar o “forestal” como unha ameaza que hai que gravar, limitar e sancionar, sin contemplar ningún tipo de axuda que dinamice un sector tan valioso para o desenvolvemento rural do noso pais.

Para Xóvenes Agricultores, con este anteproxecto de Lei a Consellería de Medio Rural fai unha deixación das súas funcións en canto á ordenación de usos do territorio en Galicia. E pola contra limítase a impoñer dictatorialmente medidas sen ningún aval técnico ou científico que o único que fan, en vez de aportar solucións viables aos incendios, é afogar económicamente ás explotacións agrogandeiras.

Un exemplo do carácter sancionador da Lei é a intención de cobrar taxas de extinción aos propietarios de parcelas no medio. Xóvenes Agricultores estima que se trata dunha medida represora, recadatoria e pouco constructiva que hipotéticamente trata de reducir os lumes pola vía da ameaza.

Ista medida é inutil e inxusta, toda vez que os cidadáns xa contribúen ao mantemento dun servizo de extinción que ata o de agora foi moi eficaz (ainda que precise mellorarse) e que mantiña dende 1990 as superficies queimadas por debaixo das 2,7 hectáreas por lume.

Iste ano, polo contrario, con menos ou igual número de lumes e que se produciron nas mesmas parroquias de risco de sempre; as superficies queimadas foron inmensas, ardendo incluso parcelas ordenadas e ben coidadas.

Xóvenes Agricultores entende que as medidas represoras puras son estériles sobre todo cando non van acompañadas de axudas económicas ou apoios para a valoracións do medio rural, sobre todo en zonas deprimidas ou de montaña.

Xóvenes Agricultores aposta polo “premio” e non polo “castigo”. A solución do problema dos lumes pasa, en primeiro lugar, pola educación e polo mantemento do servizo de extinción e, despois, polo apoio aos gandeiros, agricultores e silvicultores que realicen boas prácticas agroforestais.

Ao noso entender, o propietario rural é o verdadeiro xestor dos sistemas agrarios, forestais e medioambientais e ofrece á sociedade multitude de servizos que moitas veces non son valorados, na súa xusta medida, sobre todo pola sociedade urbana. En definitiva, a conservación e desenvolvemento do medio rural precisa non de Leis únicamente represoras senon de medidas de ordenación territorial e de políticas de apoio ao sector.

15 de decembro de 2006

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El agricultor, primera línea de defensa ante el peor arranque de incendios en dos décadas
Forestal6 Jul 2026

El agricultor, primera línea de defensa ante el peor arranque de incendios en dos décadas

Alertas tempranas y gestión del monte: la receta comunitaria contra los incendios forestales
Forestal30 Jun 2026

Alertas tempranas y gestión del monte: la receta comunitaria contra los incendios forestales

¿Por qué el alcornoque cordobés necesita adelantar su calendario de descorche?
Forestal26 Jun 2026

¿Por qué el alcornoque cordobés necesita adelantar su calendario de descorche?

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar