Xóvenes Agricultores-Asaja Galicia rexeita o borrador do decreto que regula as Unidades de Xestión Forestal en Galicia, que hoxe se someteu a debate no Consello Forestal, en Santiago, e propón a elaboración dun sistema que fomente calquer tipo de modelo de posta en valor do monte, sempre que se faga co maior consenso do sector, cousa que agora non se está a facer.
Ao noso xuizo, a filosofía debe ser a de convencer aos propietarios da necesidade e dos beneficios económicos dos novos sistemas que se pretenden implantar. Ademáis, compre incentivalos e apoialos para que, de xeito voluntario, se involucren na posta en valor do monte galego. O que Xóvenes Agricultores non está disposta é a aceptar a imposición baixo ameazas de expropiacións ou sancións.
Dende o noso punto de vista, os modelos de xestión deben ser múltiples e variados, adaptables ás necesidades e tipoloxía de cada zona e no decreto que prepara a Xunta non se da a opción das concentracións parcelarias forestais privadas cando ésta sería una figura efectiva e que ademáis non tería en absoluto os custos das concentracións agrarias.
Co modelo proposto, coa integración nunha UXFOR dunha propiedade forestal se limita a liberdade de actuación e de decisión do propietario, así como o valor da propia finca. De feito, pódese dar o caso de que un propietario cun terreo técnicamente ben xestionado sexa incluído nunha UXFOR e se vexa obrigado a cumplir unha serie de condicións contrarias aos seus intereses, e incluso a ter que soportar cargas económicas derivadas da mala xestión de terreos colindantes, así como graves problemas económicos nun momento en que o propietario necesite facer uso do seu patrimonio.
De feito, dende Xóvenes Agricultores opoñémonos a que se estableza una superficie mínima de 15 has., porque hai casos nos que xa con 5 has. os modelos poden ser efectivos. Por este e os motivos expostos máis arriba entendemos que se trata dun modelo claramente intervencionista e estanco, e que limita e elimina as iniciativas privadas, aínda que éstas conten con eficientes modelos de xestión. Un intervencionismo, que roza o anticonstitucional e que, polo demáis contaría co concurso dun comisario político, máis ben propio doutros réximes políticos pouco nada recomendables.
Ao noso entender, coas UXFOR o único que se pretende dende a Consellería de Medio Rural é a prevención de incendios, pero non son unha ferramenta que teña vocación forestal. Se os modelos non se flexibilizan, vanse fomentar os enfrontamentos entre particulares que na práctica conducirán á deforestación, conseguindo o efecto contrario ao que se pretende. E iso non vai ser co beneplácito de Xóvenes Agricultores.
Santiago, 11 de decembro de 2007




Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.