O sindicato Unións Agrarias vén de denunciar que a Xunta de Galicia e concretamente o IGAPE está adiando sen motivo aparente o cumprimento do compromiso adquirido de avalar a débeda dos primeiros compradores de CLESA, polo que os produtores e explotacións seguen a ter retrasos nos pagos. O volume de débeda destes compradores ascende a 3.771.000 euros. Para a organización sindical este é unha acción cun custe mínimo que contribuiría en boa medida a reconducir a difícil situación que viven os afectados por CLESA en Galicia.
Recentemente, o director xeral do IGAPE, Joaquín Varela, comprometeuse nunha reunión con responsables de UUAA e dos primeiros compradores, a avalar parte da débeda contraída polos primeiros compradores desta marca en Galicia, co fin de aliviar a difícil situación das seis empresas intermediarias e os máis de 500 gandeiros que provían a marca CLESA.
Concretamente, en Galicia están afectados polas últimas decisións empresariais de CLESA 160 empregados da planta da marca en Caldas de Reis, 6 empresas de primeiros compradores, provedores da marca, e 523 explotacións que a sorten e que ven con preocupación a viabilidade da súa explotación e polo tanto a súa supervivencia.
Para a organización sindical é indispensable e totalmente necesaria que o Goberno galego tranquilice ao sector lácteo co fin de dar estabilidade ao mercado e contribuír a solucionar una situación que dura xa case seis meses.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.