Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / UUAA insta ao Conselleiro de Medio Rural a que se sitúe definitivamente en impulsar o sector lácteo galego

           

UUAA insta ao Conselleiro de Medio Rural a que se sitúe definitivamente en impulsar o sector lácteo galego

16/09/2011

O secretario de Organización de Unións Agrarias, José Rodríguez, insta ao conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, a convocar a Mesa do Leite como paso indispensable para buscar unha solución ás circunstancias actuais polas que está atravesando o sector lácteo en Galicia.

A xuízo de José Rodríguez, debe ser no marco da Mesa do Leite no que aborden e se presenten solución ao sector máxime cando este departamento autonómico ten as competencias e a responsabilidade para acadar solucións a esta problemática. UUAA coincide coa Consellería de Medio Rural en que as OPL son un instrumento útil para o dimensionamento do sector pero non substitúen a unha verdadeira política eficaz cuxa competencia ten exclusivamente a Administración autonómica.

O secretario de Organización de Unións Agrarias considera que a Consellería de Medio Rural debería actuar e poñer fin ás prácticas usureiras e pouco ortodoxas de empresas lácteas que extorsionan e presionan ao gandeiro para que por exemplo non cambien de industrias e para manter á baixa uns prezos do leite que cada día se aloxan máis dos referentes españois e europeos.

Así por exemplo, a media do prezo do leite en Galicia deste ano ata o mes de agosto é de 0,301 euros por litro de leite fronte a Andalucía onde o prezo do litro de leite foi de 0,347 euros; a Asturias onde se pagou a 0,330 euros por litro; e Cataluña cunha media de 0,325 euros por litro de leite.

Isto indica que para as mesmas condicións, un gandeiro galego cobrou no que vai de campaña 4.906 euros menos que un andaluz ou 3.093,3 menos que un asturiano. Hai que ter en conta que isto se corresponde con 5 meses e que polo tanto esta cantidade seguirá incrementándose.

Para Unións Agrarias si é un error histórico o feito de que a Xunta de Galicia non lidere unha operación solvente coa planta de Clesa en Caldas de Reis xa que permitiría ligar os produtos derivados ao movemento cooperativo, unha circunstancia que na actualidade non se dá en Galicia e que a situaría nunha posición punteira no sector lácteo español. Esta actuación tamén situaría a Galicia nunha posición dominante antes de que en 2015 desapareza o sistema de cotas e se abra a libre produción.

A isto hai que engadir a falta de apoio e axudas para paliar as consecuencias este ano da seca, xa que Galicia é a única Comunidade Autónoma con seca respecto á media normal climática en precipitacións e temperatura, o que fai que os custes de produción se disparen máis do que están. Ademais, a Xunta eliminou as axudas compensatorias dos danos da fauna salvaxe e reduciu as axudas coma as do CES; unhas medidas que contribuíron a debilitar aínda máis as paupérrimas rendas dos produtores galegos, que se agravan co incremento de custes derivados da falta de mobilidade de terras no contorno rural.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo