• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

UUAA, XXAA e SLG úrxenlle ao conselleiro de medio rural a inmediata convocatoria da mesa do leite

Leche 26 Sep 2011 0

Responsables dos sindicatos Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego mantiveron unha xuntanza na que analizaron a situación do sector lácteo galego e concluíron que a súa gravidade require unha análise máis en profundidade polo que demandan ao conselleiro de Medio Rural que convoque de xeito inmediato a Mesa do Leite. As tres forzas sindicais coinciden que de non darse esta circunstancia e de seguir a actitude da industria e a distribución cos gandeiros e coas gandeiras de Galicia, se desenvolverán accións contundentes para denunciar a difícil situación que atravesa o sector lácteo.

Nunha carta dirixida ao conselleiro de Medio Rural, as tres organizacións sindicais destacan o difícil momento económico deste piar do rural galego, “agravado polo período de seca que vivimos e o encarecemento dos custos de produción”. Para as organizacións agrarias, agora é o momento de que a Administración autonómica se implique definitivamente na busca de solucións ao sector.

A isto hai que engadir o diferencial cada vez maior entre os prezos do leite que se pagan ás explotacións galegas, ás doutras comunidades autónomas e ás do resto da Unión Europea. Así por exemplo, a media do prezo do leite en Galicia deste ano ata o mes de agosto foi de 0,301 euros por litro de leite fronte a Andalucía onde o prezo do litro de leite foi de 0,347 euros; a Asturias onde se pagou a 0,330 euros por litro; e Cataluña cunha media de 0,325 euros por litro de leite.

Na seguinte táboa reflíctense os prezos do leite no segundo trimestre deste ano e dela despréndese que a presenza de Galicia nos últimos postos en canto ao prezo do litro de leite nos tres meses.

A isto hai que engadir o diferencial cos prezos europeos que nos sitúan a unha media de 5 céntimos por debaixo en litro de leite.

Para as tres organizacións agrarias, esta situación non é de recibo nunha rama da actividade económica que soporta a poboación e a economía do 80% do territorio de Galicia e nun momento especialmente delicado para a viabilidade e supervivencia das 13.000 explotacións lácteas da comunidade.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Los ganaderos gallegos, atrapados entre precios congelados y costes al alza
Leche31 Jul 2026

Los ganaderos gallegos, atrapados entre precios congelados y costes al alza

UUAA reclama en el Parlamento gallego un contrato de leche a prueba de crisis
Leche29 Jul 2026

UUAA reclama en el Parlamento gallego un contrato de leche a prueba de crisis

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar