Segundo os datos publicados nun informe polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) dende o mes de abril, inicio da campaña 2011/2012, ata o mes de agosto, os prezos do leite en orixe subiron un 0,7 %, sendo a media ponderada para este período de 0,316 euros/litro.
O citado informe recolle a evolución dos prezos do leite en España dende o inicio da campaña 2011/2012, no mes de abril, ata os recollidos en agosto de 2011. Precisamente neste mes de agosto, o prezo do leite foi o máis alto alcanzando os 0,318 euros/litros. En agosto da campaña anterior o leite pagouse a 0,295 euros/litro.
A Comunidade Valenciana e Andalucía foron en agosto as comunidades autónomas que rexistraron o prezo máis alto con 0,347 y 0,341 euros/litro, respectivamente, namentres que Baleares (0,298 euros/litro), Cantabria (0,302 euros litro) e Galicia (0,306) recibiron os prezos más baixos.
Nembargantes, estes prezos seguen estando moi por debaixo do que se paga actualmente no resto dos países da Unión Europea. Así, según do último informe da organización holandesa LTO, o prezo medio pagado durante el mes de agosto polas principais empresas leiteiras europeas aos productores situouse en 35,89 euros/100 quilos en agosto, fronte a 32,67 euros/100 quilos do mesmo mes de 2010, o que supón un 9,8 % máis.
Estes datos recollen que o prezo medio abonado polas empresas lácteas europeas en agosto elevouse un 0,87 % respecto ao rexistrado en xullo, que foi de 35,58 euros/100 quilogramos
Durante o pasado mes de agosto, como primeira empresa que mellores prezos abonou aos seus productores mantense a finlandesa Hämeenlinnan O, con 45,35 euros/100 kg, seguida pola italiana Granaloro (40,18 euros/100 quilo), a holandesa Friesland Campina (38,22 euros/100 quilos) e a francesa Sodiaal (37,90 euros/100 quilo).
Chama a atención que a francesa Lactalis pagase aos productores galos 0,37 euros/litro mentres que en Galicia os pagos aos gandeiros superan escasamente os 0,30 euros / litro.
En canto aos prezos do leite en Estados Unidos, os datos da organización holandesa LTO apuntan que foron de 37,37 euros/100 quilogramos en agosto, un 27 % más que no mesmo mes do ano anterior e un 0,75 % por riba da cotización de xullo.
En Nova Zelandia as cotizacións foron en agosto de 31,39 euros/100 quilogramos, un 7,9 % máis que na mesma fecha de 2010, e un 1,35 % inferior á cifra de xullo, según LTO.
Doutra banda, os prezos dos productos industriais (leite en po e manteiga) nos mercados europeo e mundial sitúanse en niveis moi por riba dos prezos de intervención. De feito a intervención oficial europea pechada no mes de agosto non recibiu ningunha oferta
En canto aos prezos pagados polos consumidores españois, e según de informe do MARM, sitúase actualmente en 0,70 €/litro, e dicir, un 122% mais que os prezos percibidos polos productores.
Respecto dos prezos dos derivados lácteos, onde queixos e iogures copan o 60%, a media equivalente de leite sitúase nun nivel de 3,36 euros /litro
Xóvenes Agricultores denunciou onte esta situación en Madrid na reunión da sectorial láctea celebrada no Ministerio e en especial a actitude das industrias.
Todos os datos de mercado indican que os prezos en España teñen que subir moito mais do que están a anunciar as industrias para o leite entregado en setembro (entre 1 e 2 céntimos/litro)
En Galicia a suba debera superar os 5 céntimos/litro para se igualar á media europea.
Xóvenes Agricultores entende que é necesaria a intervención dos órganos de Competencia para determinar por qué os prezos non responden á situación actual de mercado e denuncia a pasividade do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. Igualmente Xóvenes Agricultores denunciará a situación diante da Consellería de Medio Rural na reunión sectorial que terá lugar o vindeiro xoves 13 de outono.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.