O sindicato Unións Agrarias advirte tanto as cadeas de distribución como a Xunta e Ministerio de Agricultura do alto risco de colapso do sector lácteo galego de manterse as campañas que usan o leite como produto reclamo. Resulta chamativo que despois do anuncio de Arias Cañete da posta en marcha dun código de boas prácticas subscrito polas principais firmas distribuidoras de alimentos, os prezos do leite seguen en caída libre nos lineais dos supermercados galegos nunha porcentaxe moi superior ao que ocorre no resto do Estado.
A utilización do leite como produto é unha práctica estendida a totalidade superficies con prezos que rondan a baixa os 0,5 € por litro de leite. Neste sentido, resulta un prezo claramente especulativo se temos en conta que os custes de produción dun litro de leite, segundo os datos do Ministerio de Agricultura, non baixa dos 36 céntimos; e iso sen ter en conta as grandes subas que están a sufrir os gandeiros no prezo do penso e dos carburantes. En definitiva o propio Ministerio conclúe que o prezo de venta ao público do leite non debería ser inferior a 0,65 € por litro.
Todo apunta, pese os voluntarismos inertes, que desde o Goberno se aposta pola política de prezos de miseria para os produtores galegos con tal de que distribución e industria sigan mantendo os seus privilexios. Neste sentido, o ministro Arias Cañete parece descoñecer as estatísticas do propio FEGA, dependente do seu departamento, nas que se destaca a fonda recesión que están a sufrir os produtores lácteos de Galicia. Uns datos nos que queda de manifesto que mentres que en varias comunidades como Cataluña, Rioxa ou Cantabria remontan os prezos do leite pagado en orixe, na nosa Comunidade sigue instalada a tendencia baixista cunha nova perda de case medio céntimo por litro. Galicia queda pois condenada ao vagón de cola cunhas cotizacións para o mes de agosto de 28,5 cts cada vez máis lonxanas dos 3 cts por litro que superan o resto das comunidades.
UUAA esixe a posta en marcha dunha actuación inmediata por parte do Goberno, para salvar o sector lácteo galego do peche xeral de explotacións gandeiras ao que parece abocado de seguir a actual tendencia de caída de prezos do leite e subas especulativas dos medios de produción.
A gandería de leite precisa un plan de choque en Galicia para frear esta sangría económica no que ten un papel importante que se abran a máis empresas as investigacións da Comisión Nacional da Competencia polas prácticas monopolísticas das industrias pola concertación de prezos e rutas de recollida.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.