Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / O recorte de 350.000 euros para apoiar a cría de razas autóctonas de gando galegas ameaza ás explotacións en zonas desfavorecidas de montaña

           

O recorte de 350.000 euros para apoiar a cría de razas autóctonas de gando galegas ameaza ás explotacións en zonas desfavorecidas de montaña

08/01/2013

A Consellaría de Medio Rural publicou 7 de xaneiro, no Diario Oficial de Galicia, unha orde pola que deixa sen efecto as axudas para o fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos que convocara a finais de 2012 (Achégase a orde con este comunicado). Estas axudas tiñan por obxectivo a renovación do compromiso adquirido por estas explotacións para a cría de gando autóctono, e beneficiaban, sobre todo, a familias gandeiras de zonas desfavorecidas de montaña en Lugo e Ourense que son o único motor económico de amplas zonas do noso rural que, sen esta actividade gandeira, estarían deshabitadas.

A cantidade orzamentada para esta partida ascendía a 350.000 euros financiados a cargo da Administración Xeral do Estado. Como xustificación á anulación destas axudas, a Consellaría de Medio Rural aduce que “a día de hoxe non consta ningún ingreso efectivo polo dito concepto no Tesouro da Xunta de Galicia por parte do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente”, polo que “cómpre deixar sen efecto esta convocatoria de axudas”.

No contexto actual, no que os custes de produción de todas as actividades gandeiras están sometidos a unha alza imparable, e os prezos en orixe estancados ou á baixa, o meirande das explotacións dependen máis que nunca de axudas públicas coma estas para ter liquidez e uns ingresos suficientes para continuar coa súa actividade. Aínda que estas axudas foron baixando ano a ano, na actualidade unha explotación media dunhas vinte vacas cobraría ao redor de 1.000 euros por este concepto que, trala orde da Consellaría de Medio Rural, quedarán sen ingresar.

Dende o Sindicato Labrego Galego, apoiaremos xurídica e administrativamente a todos aqueles gandeiros e a todas aquelas gandeiras que, tendo solicitado a axuda, queiran reclamala. A nivel xeral, xa puxemos a traballar á nosa equipa xurídica para que recorra esta anulación. Amais de elaborar o recurso e de prestar asesoramento ás persoas afectadas, dende o SLG condenamos este novo recorte que afonda nas agresións que está a sufrir un dos nosos sectores agrogandeiros máis vulnerables e as formas en que se fixo. Supón un desprezo e unha burla para todo un sector que se convoquen unhas axudas, se obrigue a centos de explotacións a realizar todos os trámites e gastos necesarios para presentarse a elas e, acto seguido, se anule o proceso sen máis escusa que as arbitrarias políticas de axuste do Goberno Central.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo