Unións Agrarias denuncia a complicidade da Xunta de Galicia na ruína económica dos gandeiros que se van ver atrapados no colapso financeiro de Alimentos Lácteos. Despois de meses de ter aparcado a subsistencia da planta de Outeiro de Rei, o presidente Feijoo ten diante de si unha burbulla de “preferentes lácteas” que encerra a máis de 1.000 gandeiros, aos que se debe unha media de 20.000 euros, e case 100 traballadores que ven como tódalas promesas que lle foron trasladando desde o goberno Galego non eran máis de que papel mollado.
Neste sentido resultan dun cinismo desorbitado as declaracións do vicepresidente, Alfonso Rueda, nas que desvincula a Xunta de Galicia da crise de Alimentos Lácteos, cando foi este un proxecto empresarial xerado, condicionado e guiado xa non só desde a Xunta, senón que ademáis se someteu aos intereses do Partido Popular de Galicia.
A organización agraria lamenta que o goberno Galego despois de romper no seu día o proxecto que integraba as grandes cooperativas galegas por un cálculo unicamente partidista, vire de costas e se desentenda da sorte dunhas explotacións lácteas que se verán arrastradas na caída de Alimentos Lácteos.
O presidente da Xunta non pode faltar a súa palabra cos gandeiros, o igual que parece fixo na tramitación da Lei da Cadea Alimentaria, e debe reconducir unha firma na que se fixeron grandes investimentos -en gran medida capital público- para poñer no mercado marcas que agora perden potencial pola crises de viabilidade da empresa.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.