Unións Agrarias valora positivamente a introdución da figura do mediador na Lei da Cadea Alimentaria tal como anunciaba onte o ministro de Agricultura. A organización sindical recoñece o interese amosado por Miguel Arias Cañete para conseguir unha norma que equilibre o papel dos produtores diante da todopoderosa distribución que conta co apoio entusiasta do ministerio de Economía e do seu “brazo armado” a Comisión Nacional da Competencia.
Para UUAA a figura do mediador vai a ser máis decorativa que efectiva se non se lle dota cunha normativa eficaz coa que poida poñer fin a lei da selva que está supoñendo para o sector lácteo a posta en marcha dos contratos obrigatorios coas industrias sen que se poidan indexar os prezos do leite. Desde a organización agraria lembra que distribución e industrias non van a cesar no “matonismo comercial” contra dos gandeiros se non se introduce na futura lei un réxime de sancións no que se tipifique con claridade a venta a perdas e se traslade ao sector agroalimentario un instrumento eficaz como a fixación de baixas temerarias no prezos do leite mediante subhastas electrónicas nas que se indexen os custes de produción.
Roberto García, secretario xeral de UUAA manterá unha reunión hoxe as 18.00 h na sede do Partido Popular en Lugo co voceiro no Senado desta formación, Xosé Manuel Barreiro para trasladarlle a importancia de que na tramitación na Cámara Alta da Lei da Cadea Alimentaria se atenda a emenda asinada polo sector lácteo co presidente da Xunta o pasado 7 de decembro. Un texto que vai no mesmo sentido que as recomendacións feitas pola Comisión Europea nas se recoñece que a asimetría que caracteriza ao sector agrogandeiro precisa mecanismos de reequilibrio que impida que as multinacionais da distribución destrúan a cadea de valor de produtos como o leite, impoñendo o monopolio dos seus prezos.
Nesta mesma dirección o propio Tribunal Galego da Competencia de Galicia, dependente da Consellería de Facenda recoñecía hai unhas semanas: “…o feito de que os gandeiros se vexan obrigados de xeito sistemático a vender leite cru a prezos inferiores aos custes de produción supón un indicio de que poderían estar sendo vítimas dun abuso da súa situación de dependencia económica respecto da industria transformadora e a distribución”. Ademais, e cuns argumentos moi similares os anteriores, a Autoritat Catalana de la Compètencia facía pública a necesidade dunha construción dos prezos da produción agrogandeira. E indo máis alá, os gobernos italiano e francés está impulsar a concreción de mecanismos de reequilibro.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.