Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Medio ambiente / Forestal / UUAA: Grave impacto da reforma eléctrica do goberno nos sectores eólico e forestal galegos

           

UUAA: Grave impacto da reforma eléctrica do goberno nos sectores eólico e forestal galegos

24/06/2014

O pasado venres 20 de xuño, publicouse no BOE a “Orde de parámetros de retribución a renovables”, último paso da aplicación da reforma eléctrica iniciada coa Lei 24/2013 de Reforma do Sector Eléctrico, e que terá duras consecuencias no rural galego.

Esta Lei fíxose en medio dunha dura polémica cos produtores de enerxías renovables e as empresas de coxeración eléctrica, o que xerou unha inseguridade xurídica que ten levado a o Reino de España a ser o país do mundo máis demandado nas institucións internacionais de arbitraxe, e nin ten nada que ver co déficit de tarifa, nin conseguiu abaratar o recibo eléctrico nin para empresas nin familias.

A eliminación das primas á coxeración supón un duro varapau para a industria forestal que transforma en Galicia a madeira de piñeiro (industria de taboleiros e aserradoiros), o que engadirá problemas ao prezo da madeira de piñeiro dos propietarios forestais galegos, quen viron como nos últimos 4 anos xa caeu nun 30%. Asemade suporá un impacto futuro no prezo da madeira de eucalipto que xa caeu un 10% nos últimos meses, toda vez que como consecuencia da reforma os principais compradores de madeira de eucalipto galego en España, (ENCE, Iberpapel, Torras) entraron en perdas e anunciaron conxelación de investimentos, axustes de plantillas e incluso algunha delas está a amagar co peche de plantas en España.

Supón igualmente o enterro do último concurso eólico da Xunta, xa que os novos parques que se autoricen pasarán todos polo Ministerio de Industria, en concurrencia competitiva no conxunto do Estado, xa non dependendo as autorizacións do marco das Comunidades Autónomas.

Dun total de 3.318 MW eólicos instalados en Galicia, correspondentes aos 150 parques eólicos de Galicia, 80 deles que suman 1670 MW continuarán con primas (os instalados a partir do ano 2004), e 70 parques anteriores que suman 1647 MW quedan sen primas. Estes parques son os máis ameazados de quebra financiera ao non poder devolver os créditos bancarios pola merma de rentabilidade e moitos pretenden renegociar os seus contratos de arrendamentos de terreos cos propietarios. Ante esta situación UUAA advirte que asesorará xurídicamente a todo propietario afectado por estas pretensións de rebaixa de arrendamentos, xa que unicamente supón o 1,5% dos custes de funcionamento dos parques, e non son precisamente a maior ameaza para a súa viabilidade económica.

Outros escenarios futuros que se prevén polas futuras quebras, serían a prenza de chatarra eólica nos montes e a falta de pagos xeralizados aos propietarios dos terreos arrendados aos parques eólicos.

Noutras tecnoloxías como a fotovoltaica, Galicia conta con 15 MW en pequenas plantas en mans de 639 produtores, que están abocados ao impago das instalacións. Afecta igualmente á retribución de 116 centrales minihidráulicas, 3 centrais de biomasa con 37 MW, 4 centrais de biogás con 11 MW, e 3 centrais de xeración eléctrica a partir de residuos, con 66 MW (fundamentalmente SOGAMA que xa lle subiu a factura aos Concellos para compensar a reforma elétrica) e coxeración 105 plantas con 614 MW, o 10% de toda España, e vencellados a emprego industrial directo.

UUAA únese ás voces que esixen do Goberno a volta ao marco da UE na retribución das enerxías renovables, e demanda que non se aboque ao paro a centos de traballadores do sector da industria que non poderán competir cos altos custes enerxéticos, nin se afecte negativamente ao sector forestal e agroalimentario galego, nin aos propietarios forestais nin propietarios de solares eólicos do rural galego, tanto propietarios particulares como Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Los bosques europeos cada vez absorben menos carbono ¿por qué? 03/09/2025
  • El Paseo de la Castellana en llamas (X. Iraola) 01/09/2025
  • Detenida una mujer por presunta provocación de incendios forestales 16/07/2025
  • Refuerzo europeo contra incendios: la UE despliega medios aéreos y 650 bomberos en el sur de Europa 04/07/2025
  • Cada vez hay más fondos para prevenir los incendios forestales pero no se usan eficazmente (TCE) 12/06/2025
  • Galicia prohíbe desde hoy las quemas agrícolas y forestales de particulares 27/05/2025
  • Ya se pueden notificar las quemas agrícolas y forestales en Galicia 08/05/2025
  • Extremadura desarrolla un sistema de alerta temprana contra la seca del alcornoque y la encina 23/04/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo