• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Entrevistas
Sección con el apoyo de

UUAA lamenta que o goberno non mellorara o reparto da PAC

22/12/2014

O sindicato Unións Agrarias lamenta a ocasión que se perderá hoxe no Consello de Ministros cando se aproben os catro Reais Decretos que marcaran os criterios de reparto dos 5.000 millóns de Euros que lle tocan al Estado español dos fondos da PAC. Neste sentido a organización agraria lembra que coa nova normativa da UE a distribución de fondos dentro de cada estado membro corresponderá aos gobernos nacionais. Polo que o Executivo de Rajoy tiña unha ocasión de ouro para aplicar un reparto de fondos comunitarios útil e eficiente que prime años produtores con actividade económica sobre os simples rentistas.

As reivindicacións trasladadas por agricultores e gandeiros non foron valorados axeitadamente polo Ministerio de Agricultura en especial as referidas ás deficiencias de definición do produtor activo. Neste apartado UUAA advirte que o mecanismo previsto seguirá primando o uso dos fondos da PAC como complemento de renda para xubilados e propietarios rurais alleos a produción agropecuaria o cunha comercialización mínima. En España estableceuse que poden percibir axudas superiores a 1.250€/ano aquelas explotacións para as cales as subvencións representen como moito o 80% do total dos seus ingresos agrarios. Por se isto non fose un requisito suficientemente flexible, establécense excepcións, permitindo entrar a explotacións que non fixeron vendas nos 2 últimos anos e a grandes empresas con outras actividades non agrarias.

Unha axeitada definición de agricultor activo non implicaría a necesidade de definir a actividade agraria a levar a cabo para poder recibir axudas directas. En España inicialmente estableceuse unha carga gandeira mínima para poder declarar pastos de 0,20 UGM/Ha (1 vaca/5 Ha ou 1 ovella/Ha), pero ao final, este requisito elimínase a cambio de facer desbroces, segas ou pastoreo.

Desde Unións Agrarias tamén se pedía o establecemento dun límite máximo de axuda por perceptor. En España mantense o tope máximo permitido por Bruxelas de 300.000€/explotación e ano. Dende a organización defendese que haxa un tope máximo de 50-60.000€/ano que teña en conta aspectos como o emprego xerado pola explotación. Do mesmo xeito, o regulamento europeo permite que un país destine ata o 30% das axudas (no caso de España uns 1.500 millóns de €/ano) para compensar as primeiras hectáreas de cada explotación (que no caso de España serían as primeiras 30 Ha). O goberno español non quixo aplicar esta medida que beneficiaría enormemente ao sector gandeiro, que conta cunha escasa base territorial.

Pola contra, en Francia si aplicarán esta medida de apoio aos gandeiros en detrimento dos cerealistas. A decisión do goberno do Estado e as Comunidades Autónomas foi deseñar un novo modelo de reparto que evitase os transferencias de fondos entre CCAA, sectores e ,se podía ser incluso, entre perceptores.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre PAC ESPAÑA

  • Bruselas pisa el barro en Jerez con la visita de Hansen tras las borrascas 23/02/2026
  • Perder el Norte (X. Iraola) 23/02/2026
  • Ni agricultores de segunda ni regiones invisibles 20/02/2026
  • TOP 20 cooperativas agro que más facturan en España 19/02/2026
  • En 111 municipios no se utilizarán las referencias SIGPAC para la PAC 2026: ¿su explotación está en uno de ellos? 18/02/2026
  • El SMI sube un 66% en 8 años… ¿y los precios? 18/02/2026
  • Las cooperativas agroalimentarias andaluzas lideran el ranking del Top 20 español 18/02/2026
  • Tres agricultores afrontan hasta 15 años de cárcel por los incidentes de una tractorada 17/02/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

QUIERO ESTAR AL DÍA

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo