O modelo de reparto de axudas da Política Agraria Común (PAC), acordado polo Goberno español coas Comunidades Autónomas perxudica claramente os intereses dos produtores agrogandeiros españois, tal como ven denunciando o sindicato Unións Agrarias, xa que multiplica o número de perceptores de fondos comunitarios pola mala definición da figura do agricultor en activo.
Logo de coñecer o pasado luns da transferencia a Galicia a través do FEGA (Fondo Español de Garantía Agraria) de 134 millóns de euros, establécese unha media de 4.350 de euros co actual modelo que habilita a 39.908 perceptores fronte aos 31.184 produtores censados no SETA. Atendendo unicamente a este últimos, ao igual que se fai en Francia, o volume medio de ingresos medio por fondos PAC en Galicia ascendería a 5.567 euros. No modelo francés, compartido pola case totalidade de países da UE, os case 8.000 millóns de euros que lle corresponden, repártense entre 370.000 agricultores e gandeiros en activo, mentres que no caso do Estado español o reparto faise entre 910.450 perceptores cando dados de alto no SETA so hai 195.753 agricultores e gandeiros.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.