Unións Agrarias reafirmase, logo de coñecer a resposta dada por Agricultura a posición do sindicato na modificación do paquete lácteo, en que coa renuncia nos contratos lácteos a un ano os gandeiros perden toda capacidade de negociación fronte a industria. Non aporta ningunha novidade respecto do que xa existe na actual redacción da norma, e que trouxo como consecuencia que a día de hoxe, os contratos a un ano sexan unha anécdota cando debería ser de obrigado cumprimento.
Para a organización agraria é de sentido común pensar que as industrias van a continuar empurrando as explotacións a usar o mecanismo de renuncia a contratos de longa duración, baixo a ameaza de deixar de recollerlles o leite no caso de que neguen. Máxime nun escenario como o que se abre a partir do 1 de abril, no que o fin das cotas da paso ao mercado libre e a asimilación sen miramentos da distribución láctea internacional do mercado deficitario español. Non cabe na revisión da norma, polo que se trasladou a UUAA desde o Ministerio de Agricultura, a figura do mediador, mais alá da aceptación voluntaria. Cómo se vai a poder equilibrar a negociación con esta ferramenta, se preguntan desde a organización agraria, se nun lado temos concentradas en poucas mans a compra e distribución lácteas e no outro pouco mais de 9.000 explotacións que cada día teñen que dar saída a un produto perecedeiro nun mercado monopolizado por catro multinacionais.
Unións agrarias non considera útil para o sector polemizar sobre os prognósticos de sobrepasamento da produción láctea, nin vai valorar si resulta serio por parte do Ministerio de Agricultura falar hai 3 meses dunha supertaxa de 300.000 Tn a final de campaña e agora pola contra cifrala en 30.000 Tn. Está claro que o mecanismo usado para facer as extrapolacións non parece cando menos moi fino, algo que xa avanzaba hai 4 meses a Universidade de Santiago de Compostela nun informe que se fixo público no seu día. Neste sentido, é un feito que as oscilacións nas cifras e a cadea de ameazas de multas por supertaxa que se levan vertendo desde distintos ámbitos da Administración, correron paralelos ao inchado da burbulla especulativa da compra e alugueiro de dereitos de produción e foron causa de que moitos titulares e explotacións secaran vacas ou mandaranas ao matadoiro. En definitiva serviron para que os gandeiros das pequenas explotacións pagaran xa supertaxa daqueles que grandes que nunca tiveron intención sacar o pe do acelerador da produción, para situarse nunha boa posición para entrar no mercado sen cotas en boa posición.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.