O diferencial na cotización do prezo do leite en Galicia respecto do que se paga no resto do Estado amplíase mes a mes. Dos datos que presenta o FEGA respecto das liquidacións no mes de decembro, despréndese que os gandeiros galegos cobraron de media 31,9 cts/l. mentres que os das demais zonas de produción españolas liquidaron as ventas a 34,4 cts/l. Sumado a esta caída que mantén a Galicia no último posto, resulta máis grave aínda a tendencia xa que mentres as nosas explotacións seguen caendo un 0,62% en decembro no resto do Estado subiron 0,58%.
Unións Agrarias acusa directamente a falta de iniciativa política do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para afrontar unha revisión do chamado Paquete Lácteo que impida que os produtores lácteos de Galicia se estrelaban contra “o muro do non” que industrias e distribución levantaron grazas a falta da citada reforma que equilibre as forzas a hora de trabar unha negociación real. Deste xeito non é casual que o castigo á principal zona produtora de leite de España por parte das multinacionais xa que co aforran en Galicia xa arraxan a conta de resultados.
Desde o sindicato pregúntanse cando ten previsto reunirse coas organizacións de produtores o director xeneral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio, Fernando Miranda, que maña visita Lalín, posto que esta situación de colapso económico na que van a entrar moitas das explotación así o merecería. Tamén desde a organización agraria se cuestiona a falta de actuación do Goberno diante das fraudulentas retencións por supertaxa que empresas como Río e Lactalis están practicando aos gandeiros a pesar de non estar activado desde o FEGA o decreto que lle dea cobertura legal.
UUAA insiste, e así o ven transmitindo aos diferentes grupos parlamentarios galegos cos que se leva reunido nas últimas semanas, que en 60 días o fin das cotas van a marcar un antes e un despois no mercado do leite. Neste novo horizonte resulta vital para a supervivencia do sector a figura do mediador, como garante dunha comercialización en equilibrio na que elementos como a estabilidade nos volumes de entrega, a garantía de recollida e os contratos de longa duración, sexan unha realidade.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.