• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Agricultura / Vino / O SLG denuncia atrancos burocráticos que están a comprometer o proceso de reestruturación do viñedo na Galiza

           

O SLG denuncia atrancos burocráticos que están a comprometer o proceso de reestruturación do viñedo na Galiza

21/07/2014

O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar, diante da Consellaría de Medio Rural, un escrito no que denuncia a gran cantidade de atrancos burocráticos e de requerimentos anómalos e afastados de toda lóxica cos que se está a obstaculizar o proceso de reestruturación de viñedos en varias comarcas vinícolas galegas. En efecto, moitas explotacións vitícolas que solicitaron unha subvención para poder replantar ou ampliar superficie de viñedo están a comprobar como se lles esixen permisos de plantación de parcelas que non forman parte da reestruturación; ou se lles pide documentación que debería estar en mans da administración, como acreditacións de propiedade ou herdanzas, feito que contravén o artigo 35 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas, o cal di que os cidadáns e cidadás teñen dereito a non achegar documentos que xa están en mans da administración.

O SLG ve neste entorpecemento no proceso de solicitude de subvencións unha posible estratexia destinada a aforrar fondos destinados a agricultura que vén sumarse aos drásticos recortes que a Xunta vén facendo neste capítulo dos gastos autonómicos. Un bo exemplo disto é que, na convocatoria de 2013, as axudas sufragaban até ao 65% dos gastos de reestruturación, mentres que no período 2014-2018 cubrirán só o 50%. Nas diversas bisbarras vitícolas nas que o SLG ten presenza, constatamos que moitas explotacións non concorren a estas axudas para non ter que afrontar a enorme complexidade burocrática que esixen cumprir, ao demandarse demasiados requisitos innecesarios. Por exemplo, hai viticultores e viticultoras que non teñen maneira de demostrar a propiedade das viñas que van arrincar para volver plantar, posto que a documentación que teñen son partillas moi antigas e non fixeron cambios no Catastro, e as partillas que non están inscritas no Rexistro da Propiedade non as aceptan. Isto é inxusto, pois esas persoas son propietarias lexítimas desas viñas.

A problemas coma o devandito, habería que engadir outros, como o da diversa numeración e medición de superficie das parcelas segundo consultemos Rexistro Viticola, Catastro ou o Sistema de Identificación de Parcelas Agrícolas (Sixpac), sen que as administracións fagan nada por actualizar os datos. Isto último representa unha dificultade engadida, pois ao non coincidir os números de identificación das parcelas do Rexistro Vitícola cos do Sixpac, hai que identificalas visualmente, o cal incrementa o traballo notablemente. O peor é cando a superficie que aparece no Sixpac é inferior á do Rexistro Vitícola, porque entón a persoa propietaria perde dereitos de arranque para reestruturar.

Diante de toda esta problemática que compromete seriamente o proceso de reestruturación do viñedo galego, o SLG solicitou a Medio Rural unha entrevista para analizar con responsables da Consellaría esta problemática, as razóns das trabas e esixencias burocráticas devanditas e posibles solucións que redunden en beneficio do sector.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre VINO

  • El sector vitivinícola español necesitará más de 22.000 jóvenes para garantizar el relevo generacional 07/11/2025
  • Todavía hay que ajustar más el paquete vitivinícola, según Copa-Cogeca 07/11/2025
  • Los europarlamentarios aprueban una más flexibilidad en los fondos europeos para apoyar al sector vitivinícola 06/11/2025
  • Los gigantes del vino europeo sellan en Roma una alianza frente al cambio climático 06/11/2025
  • UPA Andalucía pide revisar los precios del seguro agrario para la uva de vinificación 04/11/2025
  • La producción de vino europeo crece un 1% en 2025, pero sigue lejos de su recuperación 29/10/2025
  • La DOCa Rioja encara el final de una vendimia histórica por su calidad en su Centenario 29/10/2025
  • UCCL advierte: “Está en riesgo el futuro del vino en la Ribera del Duero” 28/10/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo