Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / O SLG pide a Medio Rural medidas adicionais que garantan prezos dignos negociados en pé de igualdade para o leite galego

           

O SLG pide a Medio Rural medidas adicionais que garantan prezos dignos negociados en pé de igualdade para o leite galego

30/05/2014

A secretaria xeral do SLG participou esta semana no Observatorio do Mercado Europeo do Leite e na presentación da ferramenta para referenciar prezos na Galiza

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou onte, 28 de maio, na presentación de Xacobea, unha ferramenta para a referenciación dos prezos nos contratos lácteos impulsada pola Consellaría de Medio Rural. Isabel Vilalba trasladoulle a Patricia Ulloa -directora do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) e encargada de presentar a Xacobea- a necesidade de ir máis alá se realmente queremos que haxa transparencia no sector lácteo galego e unha estabilidade nos prezos que remate coa volatilidade actual.

En primeiro lugar, Isabel Vilalba subliñou que o único prezo válido para o leite que admitirá o Sindicato Labrego Galego é un valor que cubra os custes de produción e que permita aos e ás profesionais do sector vivir dignamente do seu traballo; o contrario, fixar prezos que non cubran os custes de produción e obrigar a vender o leite a perdas, tal e como acontece no sector lácteo galego dende hai moitos anos, é ilegal e así o denunciará o SLG. Dende este punto de vista, Vilalba chamou a atención sobre o feito de que a unha fórmula matemática como a que se utiliza para Xacobea pode dárselle máis ou menos peso de xeito subxectivo aos parámetros que a compoñen á hora de obter o prezo de referencia, como por exemplo os custes da actividade.

Outro dos factores que pode condenar ao fracaso a Xacobea é o feito de que a negociación libre e sen coaccións entre dúas partes que debería preceder á fixación do prezo do leite nun contrato, non existe na Galiza. A realidade galega é que os prezos son impostos polas industrias ás explotacións sen que haxa un proceso negociador previo. Así as cousas, de nada serviría que os prezos de referencia xurdidos de Xacobea tivesen un nivel suficiente para garantir a cobertura dos custes de produción e dunhas marxes de beneficio dignas se a industria non os acepta. E coa lexislación actual, a industria non ten por que aceptalos, polo que Isabel Vilalba avogou por ir máis alá de Xacobea e traballar na creación de novas ferramentas e marcos legais que garantan unha negociación dos prezos en pé de igualdade entre tódalas partes da cadea comercial e mecanismos que obriguen a respectar os índices de referencia.

A maiores, Isabel Vilalba Seivane aproveitou o acto de presentación de Xacobea para alertar dos primeiros síntomas dunha crise no sector lácteo europeo, á que non é allea Galiza, propiciada polo exceso de produción. A secretaria xeral do SLG tivo oportunidade de debater ao respecto na xuntanza do Observatorio do Mercado Europeo do Leite (European Milk Market Obserbatory-MMO) que se celebrou o pasado martes, 27 de maio, en Bruxelas, como representante da Coordinadora Europea da Vía Campesina.

Con datos do propio MMO, moitos países comunitarios están a aumentar a produción de leite, algúns até un 12%. Na xuntanza de Bruxelas adiantáronse datos moi preocupantes, como que, no que vai de ano, xa se produciron 4 millóns de toneladas máis de leite con respecto ao mesmo período do ano pasado. Na Galiza pasa outro tanto, cun aumento produtivo do 10’30% no mes de marzo.

Os representantes da industria europea admitiron que non tiñan capacidade para transformar e poñer no mercado os incrementos de produción estacionais que se están a producir. A secretaria xeral do SLG expresou a súa preocupación diante do destino deste leite que excede a capacidade produtiva da industria e acaba almacenado e malvendido como leite cru Spot (Spot raw milk). O representante da industria no MMO deu un exemplo disto que, en palabras de Isabel Vilalba, “é escandaloso”: este admitiu que, en Francia, mercáronse continxentes de leite cru a 250 €/Tn (25 céntimos por litro) e acabaron no mercado a 50 €/Tn (5 céntimos por litro) para desfacerse del. Outra das saídas ao exceso de produción de leite, que é facer leite en po, tampouco está ben visto pola propia industria, pois non teñen a seguridade de que vaian recuperar os investimentos necesarios para desecar o leite.

“O que é un problema de stocks para a industria”, explicou Isabel Vilalba, “supón unha práctica perigosísima para o equilibrio do mercado e a viabilidade das nosas explotacións, pois malvender ou case regalar o leite provoca, necesariamente, baixadas nos prezos”.

Outro factor que indica que o sector lácteo europeo non está a ir polo bo camiño é que as exportacións a baixos prezos xa non son a panacea para os excesos produtivos. As industrias amosaron a súa incerteza con respecto aos mercados internacionais e, en concreto, cos dous principais importadores de leite europeo como son Rusia, coa que hai tensións diplomáticas polo conflito en Ucraína, e China, onde se estancou a demanda.

Estes indicadores amósannos que o exceso de produción cara ao que camiña o sector lácteo europeo e galego se vai atopar coa imposibilidade da industria para procesar o produto, a incapacidade do mercado para absorbelo ao estar cuberta a demanda da UE, e a falla de garantías para que os mercados internacionais merquen esa sobreprodución a un prezo axeitado.

De seguirmos así, sen poñer medidas de control para que o leite producido responda á demanda de produtos lácteos, sen prohibir prácticas como a comercialización de leite Spot a prezos case regalados, e co único sistema de control da produción -as cotas- a piques de desaparecer, o sectores lácteos europeo e galego están sentando as bases dunha nova crise.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo