O Xulgado de instrución nº1 de Santiago de Compostela vén de rexeitar o recurso de reforma interposto polo Partido Popular contra do arquivo da súa denuncia contra o sindicato Unións Agrarias.
No auto a xuíza Ana López-Suevos pon de manifesto, o igual que fixera nos autos dictados en xaneiro e setembro, que a pesar da complexidade da instrución e da investigación realizada non se atopa ningún indicio de delito na actuación e proceder da organización agraria. Extremo que comparte, e así se reflexa no escrito do xulgado, a Fiscalía de Área.
Destaca especialmente no contido da sentenza a referencia ao intento do Partido Popular de quitar valor as declaracións, en sede xudicial, dos altos cargos da Xunta de Galicia que estiveron ao fronte das inspeccións nas oficinas do sindicato.
Finalmente, o sindicato UUAA manifesta novamente a súa confianza na Xustiza e quere trasladarlle o seu apoio e felicitación a tódolos integrantes da organización agraria que dunha maneira inxusta foron vilipendiados e posta en dúbida a súa honradez.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.