O secretario Xeral de Unións Agrarias e o presidente de Ulega, Roberto García e Xosé Vence, respectivamente, manteñen unha reunión hoxe coa conselleira do Mar e Medio Rural, Rosa Quintana para reclamarlle que se vixíe ás industrias lácteas que están incumprindo a lei da Cadea Alimentaria ó forzar os gandeiros a asinar contratos de abastecemento por menos dun ano de duración que é o que estipula a norma.
A realidade neste momento no campo é que moitas empresas están levando ás explotacións a pechar acordos por dous e tres meses baixo a fórmula de que os gandeiros renuncien por escrito a que a venta do leite non se faga ao amparo do que marca a citada lei o que provocará a súa indefensión no futuro.
UUAA e ULEGA reclaman que, a partir del 1 de outubro, os contratos que asinen os gandeiros e as industrias para suministro de leite cumpran coa lei e, desta forma, teñan unha duración mínima dun año. Para Xosé Vence, o sector está moi endebedado e precisa estabilidade polo que apela a responsabilidade de todo o sector e o concurso da Administración para evitar fraudes.
Pola súa banda o secretario xeral de UU.AA., Roberto García, lanza o mesmo mensaxe, nun momento, con datos a xullo deste ano, no que o diñeiro medio pagado ós gandeiros é practicamente o mesmo en Galicia que para a media estatal -34,4 e 34,6 céntimos de euro por litro, respectivamente-. Por iso, e ante unha situación, que é a primeira vez que se produce en anos, neste momento é preciso renunciar á especulación e exixir o cumprimento da lei, coa vista posta en evitar que, con contratos cuxo prezo podería ser favorable nos seguintes tres meses, logo a situación volva a ser grave para as explotacións lácteas en primavera.
De continuar esta situación de fraude no espírito da lei da Cadea Alimentaria UUAA iniciará, desde o mes que ven, unha campaña para que tódalas industrias cumpran coa lei e denunciará aqueles contratos que sexan inferiores a un ano. Xa que pode con levar a imposición de sancións, en base ó que establece a lei de contratos homologados no sector.
En paralelo, Unións Agrarias e ULEGA reuniranse o vindeiro mércores co delegado do Goberno, Samuel Juarez para trasladarlle tamén a denuncia contra as prácticas abusivas das industrias.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.