Unións Agrarias non entende as motivacións das declaracións do presidente Feijoo nas que sitúa a Xunta de Galicia como actor fundamental na recuperación de prezos do leite que se está a experimentar nos últimos meses. O sindicato non pode máis que catalogar de propaganda valeira de contidos reais estas afirmacións, xa que se por algo se caracterizou o papel do Goberno galego foi a ausencia de propostas e respostas a situación critica dos gandeiros e o total sometemento aos ditados partidistas do Ministerio de Economía e do seu “brazo armado” a Comisión Nacional da Competencia durante a tramitación da Lei da Cadea Alimentaria.
Neste sentido hai que lembrar a desatención do presidente da Xunta a emenda pactada co sector lácteo o pasado 7 de decembro na que se recollía a importancia da figura do mediador e a de incorporar os custes de produción a cadea de valor do leite. Un texto que ia no mesmo sentido que as recomendacións feitas pola Comisión Europea nas se recoñecía que a asimetría que caracteriza ao sector agrogandeiro precisaba mecanismos de reequilibrio que impediran que as multinacionais da distribución destrúan a cadea de valor de produtos como o leite, impoñendo o monopolio dos seus prezos. Para a organización agraria resulta chocante que este alarde de triunfalismo coincida co día en que se coñecen moitas das peculiaridades do modelo de xestión de Alimentos Lácteos, un proxecto deseñado e executado a medida dos intereses do Partido Popular e tutelado desde a Consellería de Economía e Industria.
O sindicato pídelle ao presidente da Xunta de Galicia un exercicio de responsabilidade a hora de atribuírse “paternidades” na procura de solucións porque ademais de que a memoria recente o vai a contradicir, ten nestes momentos dentro sector moitas frontes que o deberían levar máis a preocupación que o triunfalismo. Vexa senón a situación na que se atopan os viticultores de O Ribeiro ou Rías Baixas aos que as adegas chantaxean coa ameza de deixar as uvas nas parras senón as entregan a prezo de miseria, ou que mire cara o sector avícola ao que as grandes distribuidoras alimentarias están poñendo en risco ma´si de 5.000 empregos. E xa de paso posto a arranxar virtualmente o sector que lle bote unha ollada o gandeiro de vacún de carne que esmorece ano a ano pola caída de prezos a pesar de que as súas explotacións son a mellor defensa para favorecer a ocupación do terreo e loitar contra a desertización demográfica e económica, claves para evitar os incendios forestais.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.