Unións Agrarias agarda que a entrada en concurso de acredores de Alimentos Lácteos non supoña converter en reféns aos preto de 1.000 gandeiros aos que se debe unha media de 20.000 euros, ademais dos case 100 traballadores que agora ven comprometidos os seus postos de traballo.
A organización agraria insiste novamente en reclamar unha acción decidida por parte da Xunta de Galicia para evitar o peche definitivo da planta de Outeiro de Rei, xa que ate o de agora o único esforzo realizado polo goberno de Feijoo, foi para “poñerse de lado” e non aportar ningunha solución para salvar un proxecto empresarial xerado, condicionado e guiado xa non só desde a Xunta, senón que ademais se someteu aos intereses do Partido Popular de Galicia.
A organización agraria lamenta que o goberno Galego despois de romper no seu día o proxecto que integraba as grandes cooperativas galegas por un cálculo unicamente partidista, vire de costas e se desentenda da sorte dunhas explotacións lácteas que se verán arrastradas na caída de Alimentos Lácteos. O presidente da Xunta non pode faltar a súa palabra cos gandeiros, o igual que parece fixo na tramitación da Lei da Cadea Alimentaria, e debe reconducir unha firma na que se fixeron grandes investimentos -en gran medida capital público- para poñer no mercado marcas que agora perden potencial pola crises de viabilidade da empresa.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.