Unións Agrarias trasladoulle na reunión mantida onte coa conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana a necesidade de que o presidente da Xunta poña por diante a procura de solucións a situación do sector lácteo e faga valer a súa influencia no Goberno e Partido Popular para impulsar a emenda a Lei de Calidade Alimentaria, que presentou e asinou coas organizacións agrarias e a INLAC o pasado 7 de decembro. Tal como veñen denunciando as organizacións agrarias ao longo das últimas semanas en que a citada normativa é papel mollado se non recolle mecanismos para unha construción do prezo do leite máis xusta, na que os custes de produción supoñan un solo infranqueable que impida aos gandeiros ter que vender o leite a perdas por presión da industria e distribución.
Neste sentido, os produtores están sendo presionados desde o comezo da actual campaña láctea polas industrias para que se asinen contratos que incumpren co prazo de duración e con prezos a baixa a pesar de caída de produción e o mantemento do consumo de leite que se rexistra no mercado español. A Lei de Calidade Alimentaria, que agora se atopa en tramitación parlamentaria, contén grandes lagoas que a van levar a unha total inoperancia na resolución dos graves problemas que atravesa o sector lácteo galego. Nela bótase en falta a figura do mediador que fixe unha arbitraxe xusta no caso de desacordo en prezo entre industria e produtor polo que é evidente que a Administración renuncia a intervir para favorecer unha concreción equilibrada na cadea de valor do leite.
Do mesmo xeito, desde UUAA reclámouselle a Medio Rural, compensacións na tributación polas perdas que sufriron o ano pasado pola seca e o desplome dos prezos. Unhas perdas que fixeron entrar en números vermellos a moitas explotacións co cal non poden acceder a liñas de crédito ó ser insolventes. Para contrarrestar esta situación Unións Agrarias insiste na necesidade de compromiso financeiro da Xunta de Galicia coas explotacións en crise, e o mesmo tempo arbitrar medidas de garantía de cobro no caso de quebra de industrias e primeiros compradores lácteos.
Finalmente UUAA tamén lle reclamou a Rosa Quintana solucións para que non sexan os gandeiros os que paguen os “pratos rotos” da situación pola que atravesa a firma Alimentos Lácteos. No se entendería que os produtores fosen unha vez máis reféns dunha nova creba empresarial que están ó sector lácteo galego a converterse a corto prazo en residual. Cada día que pasa é unha oportunidade perdida de evitar deixar na estacada os 100 traballadores da planta Outeiro de Rei e os 1.000 gandeiros os que se lle debe unha media de 20.000 euros.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.