Unións Agrarias reclama da Xunta de Galicia maior axilidade e eficacia na procura de solucións para a situación que atravesa Alimentos Lácteos.
Non é entendible que despois de coñecerse a delicada situación na que está o proxecto impulsado no seu día por destacados cargos do Partido Popular e bendito polo goberno de Núñez Feijoo, agora se deixe a na estacada os traballadores da planta Outeiro de Rei e os gandeiros os que se lle debe unha media de 20.000 euros.
Cada día que pasa é unha oportunidade perdida para reconducir unha firma que despois de facer grandes investimentos -en gran medida capital público- para poñer no mercado marcas que agora perden potencial pola crises de viabilidade da empresa.
O sindicato insiste en que o Goberno galego ten cando menos unha débeda moral cos máis de 1.000 gandeiros e os case 100 traballadores que o sitúa como responsable subsidiario dos impagos e débedas que vaia a xerar Alimentos Lácteos na súa caída.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.