Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / A secretaria xeral do SLG defendeu en Bruxelas o regulamento da produción e a fixación de prezos que cubran os custes para evitar a ruína do sector lácteo

           

A secretaria xeral do SLG defendeu en Bruxelas o regulamento da produción e a fixación de prezos que cubran os custes para evitar a ruína do sector lácteo

13/12/2012

Isabel Vilalba participou no Grupo Consultivo do Leite, onde se constatou que, a pesares do aumento das exportacións de produtos lácteos, as explotacións están indo á ruína por estar obrigadas a vender por baixo dos custes de produción en todos os países comunitarios

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, viaxou hoxe, 12 de decembro, a Bruxelas, para participar no Grupo Consultivo do Leite da Comisión Europea en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC). Neste Grupo Consultivo participaron todos os axentes do sector lácteo: industria, distribución, cooperativas, produtores e produtoras e estados membros como España ou Polonia.

A ECVC constatou con preocupación o ruinoso modelo adoptado pola Unión Europea no sector lácteo, que vai na dirección de fixar uns prezos para o leite semellantes aos valores a que se cotiza este produto nos mercados internacionais para competir exportando. Iso significa que o prezo do leite en Europa está cada vez máis por debaixo dos custes de produción. Na súa intervención, Isabel Vilalba advertiu que o sector lácteo europeo non pode deseñar ningún plan de futuro que contemple producir por baixo dos custes de produción.

A secretaria xeral do SLG tamén expresou unha fonda preocupación pola mingua e mesmo desaparición da produción leiteira en amplas áreas rurais da Unión Europea. En efecto, tras escoitar as diversas intervencións no Grupo Consultivo, constatouse que se están pechando explotacións en moitas zonas nas que non existen outras alternativas económicas nin de creación de emprego, provocando abandono e desertificación do campo, por unha banda; e fortes impactos medioambientais xerados polas macroexplotacións de tipo industrial que se están a impor.

Outro dos problemas denunciados por Isabel Vilalba foron as políticas que se están impulsando dende a Comisión Europea baseadas na exportación de leite a baixos prezos e a importación masiva de cereais e proteaxinosas para alimentar ao gando. Trátase dunha política suicida, xa que as explotacións que aínda sobreviven son moi vulnerables aos movementos especulativos do mercado internacional de grans e de enerxía, que fan que se incrementen constantemente os custes de produción, e non poderán sobrevivir moito tempo exportando con eses valores ruinosos.

Como alternativa, Isabel Vilalba, en nome da ECVC, defendeu un modelo leiteiro baseado na regulación da produción, que debería estar orientada a abastecer as necesidades internas da UE. En caso de haber excedentes para exportar, estes nunca deberían venderse a prezos inferiores aos custes produtivos. Un bo exemplo das consecuencias do modelo exportador tivémolo nas intervencións de España e Polonia; mentres que na Unión Europea medraron as exportacións de produtos lácteos, as explotacións destes países se arruinaban por vender o seu produto por baixo dos custes.

En canto á configuración do prezo do leite, para a ECVC debería partir sempre da remuneración deses custes de produción e do traballo. “E para iso”, explicou a secretaria xeral do SLG, “necesitamos leis que garantan que se respectan eses valores en orixe e que impidan a situación actual, na que a industria impón os prezos que mellor lle conveñen”.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo