Preto de 500 gandeiros levaron as súas protestas a supermercados das firmas Carrefour, Gadis e Alcampo polo uso que estas fan do leite como produto reclamo. Logo de acceder ao interior destas grandes superficies, os gandeiros retiraron dos lineais aqueles bricks de leite con prezo inferiores a 56 céntimos deixandos depositados nas caixas de cobro.
Nas tres cadeas de supermercados, Roberto García, secretario xeral de UUAA, reunise cos responsables das mesmos para trasladarlle o malestar do sector produtor ante unha política comercial que ademáis de supoñer unha estafa para os consumidores traslada a cadea de valor do leite tensións que acaba pagando a parte máis feble da mesma que é o gandeiro.
O dirixente sindical puxo de manifesto na súa intervención que desde o pasado 5 de xuño no que o presidente da Xunta de Galicia se comprometeu co sector en procurar solucións ao colapso económico das comarcas leiteiras, non se aportaron máis que boas palabras e unha lei que como a da cadea alimentaria consagra e bendice o dereito de pernada das industrias e distribución sobre os gandeiros.
Despois da acción de hoxe os gandeiros e gandeiras de Galicia han seguir en loita pola defensa do seu modo de vida e dos seus postos de traballo, polo que as accións reivindicativas van a ir gañando en contundencia co horizonte posto na folga de entregas que se iniciará o vindeiro 27 de novembro.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.