O sindicato Unións Agrarias non comparte as accións desenvolvidas contra unha cincuentena establecementos da cadea Gadis en toda Galicia, aínda que entende que este tipo situacións se produzan dada a extrema necesidade na que se atopan a práctica totalidade das 11.000 explotacións lácteas de Galicia. As políticas comerciais que industrias e distribución están a practicar teñen que ver máis coa usura que coas leis de comercio vixentes.
UUAA denuncia o extremo exercicio de cinismo por parte de Gadis cando fai gala de ser galega, e o mesmo tempo aplica as mesmas armas de destrución masiva ás granxas que as grandes cadeas francesas ou alemás. Alomenos estas nunca ocultaron a súa vontade de valeirar Galicia de produtores para así poder colocar de xeito máis doado o seus excedentes.
Para Roberto García secretario xeral de UUAA, “o ministro Arias Cañete había amosar un pouco de dignidade e meter en cintura a aquelas empresas que asinan un código de boas prácticas pola mañá e o incumpren pola tarde”. Tamén Xunta de Galicia ten a obriga de aplicar as competencias de materia de comercio para perseguir as prácticas ilegais nas que están a incorrer de xeito reiterado as grandes superficies. Os gandeiros e gandeiras de Galicia han seguir en loita pola defensa do seu modo de vida e dos seus postos de traballo, polo que as accións reivindicativas van a ir gañando en contundencia co horizonte posto na folga de entregas que se iniciará o vindeiro 27 de novembro.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.