.- Coa aprobación no Consello de Ministros da Lei da Cadea Alimentaria confírmanse tódolos temores dos produtores galegos sobre unha lexislación que vai a seguir permitindo o dereito de pernada de industrias e distribución sobre os gandeiros o non contemplar a figura do mediador na negociación de prezos. Recoñecendo como un avance o réxime de sancións as empresas que non firmen contratos, estes acabaran sendo unha trampa para os produtores se non teñen capacidade real de negociar o prezo. Tal como se recolle no borrador do Anteproxecto de lei, o sector lácteo “ten claras asimetrías no poder de negociación” que derivan da falta de transparencias na formación de prezos e na cadea de distribución, un recoñecemento que de pouco sirve se non se activan elementos reguladores que equilibren as forzas.
Desde UUAA denunciase que Galicia está na cola de tódalas zonas produtoras do país cunhas cotizacións do leite en orixe que non superan os 28,5 céntimos e en paralelo. E o mesmo tempo é onde a utilización do leite como produto é unha práctica estendida a totalidade superficies con prezos que rondan a baixa os 50 € por litro de leite. Neste sentido, resulta un prezo claramente especulativo se temos en conta que os custes de produción dun litro de leite, segundo os datos do Ministerio de Agricultura, non baixa dos 36 céntimos; e iso sen ter en conta as grandes subas que están a sufrir os gandeiros no prezo do penso e dos carburantes. En definitiva o propio Ministerio conclúe que o prezo de venta ao público do leite non debería ser inferior a 0,75 € por litro. Se trasladara a cadea de valor do leite ese diferencial de prezo, esta incrementaría a súa dispoñibilidade financeira en 900 millóns de euros, que poderían ser redistribuídos a tódolos actores do sector.
Unións Agrarias, ven de trasladar a Comisión Nacional da Competencia unha nova denuncia contra das firmas distribuidoras que están poñer leite nos lineais do supermercados, a un prezo por debaixo dos custes de produción. Do mesmo xeito, trasladoulle no día de onte un memorandum ao Ministro de Agricultura, coas probas do claro incumprimento por parte da distribución do chamado Código de Boas Prácticas ao que se comprometeran. Neste sentido, desde o sindicato insístese en esixir a posta en marcha dunha actuación inmediata por parte do Goberno, para salvar o sector lácteo galego do peche xeral de explotacións gandeiras ao que parece abocado de seguir a actual tendencia de caída de prezos do leite e subas especulativas dos medios de produción, non en van, e segundo os datos do FEGA, os gandeiros galegos entregaron en agosto xa un 8,5%menos leite que no mes de maio, froito do abandono que se está dando na produción.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.