As organizacións agrarias Xóvenes Agricultores, Sindicato Labrego e Unións Agrarias anuncian a posta en marcha dun boicot indefinido ás industrias e centros de distribución a partir do día 6 de novembro, dada a falta de resposta e de medidas para corrixir unha situación que está levando a ruína a totalidade das 11.000 explotacións lácteas de Galicia.
Despois de meses esperando e confiando na posta en marcha dunha acción de goberno que impida as reiteradas ilegalidades que practican as superficies comerciais usando o leite como produto reclamo, os prezos por debaixo dos 50 céntimos litro son tristemente habituais nos supermercados. As memorias económicas do Ministerio de Agricultura avisa que cotización por debaixo de 65 céntimos por brik en lineal supón trasladar tensións cadea de valor do leite que pon en risco a todo o sector. Pero os departamento de Arias Cañete parece instalado nun “deixar facer” desesperante para as 65.000 persoas que viven do leite en Galicia e que no aire os seus postos de traballo.
Desde as organizacións agrarias son conscientes de que a contundencia das accións que agora se preparan poden causar algunha molestia para os consumidores aos que reclaman comprensión e apoio para evitar que comarcas enteiras se baleiren de actividade comercial quedando reducidas a miseria económica e social. Tamén XXAA, UUAA e SLG manifestan que na súa intención non está o intervir no proceso electoral, pero queren trasladarlle as forzas políticas que concorren aos comicios e a sociedade en xeral que en cuestión duns poucos meses no sería estraño que pasaramos a ser a sen vacas na que nos quere converter a distribución francesa coa complicidade suicida da industria láctea instalada en Galicia.
O anuncio do Ministerio de aprobar o vindeiro venres no Consello de ministros o chamado Código de Boas Prácticas para as grandes superficies non deixa de ser un exercicio de voluntarismo que parece apostar pola política de prezos de miseria para os produtores galegos con tal de que distribución e industria sigan mantendo os seus privilexios. Neste sentido, o ministro Arias Cañete parece descoñecer as estatísticas do propio FEGA, dependente do seu departamento, nas que se destaca a fonda recesión que están a sufrir os produtores lácteos de Galicia.
Uns datos nos que queda de manifesto que mentres que en varias comunidades como Cataluña, Rioxa ou Cantabria remontan os prezos do leite pagado en orixe, na nosa Comunidade sigue instalada a tendencia baixista cunha nova perda de case medio céntimo por litro. Galicia queda pois condenada ao vagón de cola cunhas cotizacións para o mes de agosto de 28,5 cts cada vez máis alonxada dos 3 cts por litro que superan o resto das comunidades.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.