O sindicato Unións Agrarias lamenta que a entrada do ministro de Agricultura na campaña electoral do Partido Popular servira para faltar ao respecto unha vez máis aos produtores galegos. Logo de coñecer o anuncio feito hoxe de dotar cunha axuda de 0,0025 céntimos por quilo de cotas as explotacións entre este ano e o quen ben, o sindicato UUAA lémbralle a Arias Cañete que este ridículos anuncios electoralistas so aportan máis decepción aos gandeiros e ningunha solución.
O ministro de Rajoy debe descoñecer que coa axuda que agora vén de anunciar a bombo e pratiño –uns 1.400 € para unha explotación tipo e a cobrar en dous anos- un gandeiro a apenas dispón de liquidez para dar de comer as vacas unha semana por anualidade. Se con iso considera que se mellora a situación do sector é non lee nin as memorias económicas do seu departamento, xa que nestas apúntase que límite mínimo de rendabilidade para o sector lácteo está en 36 céntimos por litro de leite producido cando neste momento en Galicia os gandeiros están a cobrar 28 céntimos.
Se Xunta e Ministerio de Agricultura queren actuar con seriedade sobre as causas do previsible colapso do sector debe deixarse de esmolas e poñer fin a política da distribución de usar o leite como produto reclamo. Resulta chamativo que despois do anuncio de Arias Cañete da posta en marcha dun código de boas prácticas subscrito polas principais firmas distribuidoras de alimentos, os prezos do leite seguen en caída libre nos lineais dos supermercados galegos nunha porcentaxe moi superior ao que ocorre no resto do Estado.
Todo apunta, pese os voluntarismos inertes, que desde o Goberno se aposta pola política de prezos de miseria para os produtores galegos con tal de que distribución e industria sigan mantendo os seus privilexios. UUAA esixe a posta en marcha dunha actuación inmediata por parte do Goberno, para salvar o sector lácteo galego do peche xeral de explotacións gandeiras ao que parece abocado de seguir a actual tendencia de caída de prezos do leite e subas especulativas dos medios de produción.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.