• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / Lácteos Tambre obrigada polo xulgado de Ordes a saldar a súa débeda coas explotacións que a denunciaron por impago so pena de ser embargada

           
Con el apoyo de

Lácteos Tambre obrigada polo xulgado de Ordes a saldar a súa débeda coas explotacións que a denunciaron por impago so pena de ser embargada

19/12/2011

O Sindicato Labrego Galego pediu a execución provisional das sentenzas e a condena da actitude desta empresa leiteira por parte do Goberno Galego e dos partidos políticos

Unha comitiva de gandeiros e gandeiras afectados polos impagos de Lácteos Tambre volveu concentrarse el 16 de decembro, na factoría desta empresa en Penateixa (Sigüeiro) para protestar ante os impagos que mantén a moitas explotacións que levan sen cobrar varias entregas de leite dende hai un ano, cando a Lei de Morosidade obriga ao pagamento dos produtos perecedoiros nun prazo máximo de trinta días. Aínda que as explotacións apoiadas polo Sindicato Labrego Galego e que se atreveron a denunciar son seis -que en conxunto teñen unha débeda contraida coa láctea duns 60.000 euros- “as afectadas son moitas máis e o seu número non para de medrar”, afirmou Irene Vázquez Astray, unha das gandeiras presentes na concentración que ten a súa granxa en Burres (Arzúa).

A concentración de denuncia contou coa presenza da secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire; e do membro da Executiva e gandeiro de Oroso, Xosé Manuel Calvo Rei. Ambos informaron de que os servizos xurídicos do SLG pediron hoxe a execución provisional das tres sentenzas falladas, até o de agora, polo xulgado de Ordes, e que obrigan a Lácteos Tambre a pagar. En caso de que a láctea persista na súa negativa a ingresar os cartos que debe, o xulgado procederá ao embargo dos seus bens, a pesares de que, tal e como adiantou Víctor Vázquez Cao, outro dos gandeiros afectados que traballa nunha explotación de Vilagudín (Ordes), “Lácteos Tambre está a utilizar todos os trucos legais ao seu alcance para demorar canto poida os pagamentos”.

Carme Freire non dubidou en sinalar responsabilidades políticas neste problema, diante da inhibición da Consellaría de Medio Rural e dos partidos políticos da oposición. “Xa que non queren saber deste problema a través das denuncias públicas”, declarou a secretaria xeral do SLG, “a semana que vén imos presentar un dossier ante Medio Rural para que se dean por informados no Goberno Galego da crítica situación pola que están atravesando estas explotacións, da débeda que mantén Lácteos Tambre con elas e do proceso xudicial.

Con todos estes datos sobre a mesa, agardamos que Samuel Juárez condene actitudes como a desta empresa que, mantendo indefinidamente impagos ás explotacións que lle subministran o leite, se atreve a presentar unha oferta de doce millóns de euros para adquirir Clesa; e agardamos tamén que todos os partidos políticos galegos fagan unha condena no mesmo sentido”. Gandeiras como Feli Mato, que rexenta unha das explotacións afectadas pola morosidade de Lácteos Tambre en Gorgullos (Tordoia), incidiu no mesmo reclamando dos partidos políticos e do Goberno Galego un pronunciamento para saber “de que lado están”.

Carme Freire cualificou o silenzo da Administración ante este problema de “complicidade e aval para que empresas e empresarios sen escrúpulos como Lácteos Tambre e Ríos Sanguiao negocien coa nosa vida e coa dos nosos fillos e, por riba, queden impunes publicamente”.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • Contratos lácteos: Incremento de los de larga duración y la preferencia por precios fijos 20/11/2025
  • Principio de acuerdo en el nuevo convenio de industrias lácteas tras casi un año de negociaciones 20/11/2025
  • Los ganaderos holandeses logran ubres más poco profundas sin perder productividad 17/11/2025
  • Enraizados (X. Iraola) 17/11/2025
  • El bus de InLac aparca en Madrid para acercar los lácteos europeos al consumidor urbano 13/11/2025
  • Precio de la leche en Europa cae un 2,6% en septiembre por la bajada de grasa y proteína 11/11/2025
  • InLac anima a los jóvenes en EXPO SAGRIS a quedarse en el medio rural 07/11/2025
  • Suben las entregas y el precio de la leche en septiembre 03/11/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo