Unións Agrarias vén de solicitar por carta aos grupos do Partido Popular, Partidos dos Socialistas de Galicia e Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Galicia, unha reunión para tratar de derogar o decreto que impide o pastoreo de superficies queimadas nun prazo mínimo de dous anos, (“Lei 3/2007 de abril, de prevención e defensa contra os incendios”). Para a organización agraria este norma supón a limitación dos gandeiros para a procura de alimento, así como a diminución das posibilidades para poder acceder as axudas da PAC, ademais de condenar a estas terras á maleza aumentando a probabilidade de arder novamente.
Na solicitude do sindicato aos grupos parlamentarios faise especial fincapé no sector produtor gandeiro de Ourense, constituído por máis de 5.000 explotacións, e que se atopa unha vez mais azoutado polas dramáticas consecuencias, tanto económicas como sociais, dos lumes, que non fan mais que agravar a situación do sector, debida ás perdas pola seca, ós recortes nos servizos públicos e a continua e inxustificada diminución das axudas.
A perda de recursos produtivos diminúe a autonomía alimentaria das explotacións, facéndoa mais dependente da compra de alimento foráneo, co consecuente aumento dos custos en alimentación, ameazando así a viabilidade económica das explotacións. A maior parte delas son extensivas, situadas en zonas de montaña ou desfavorecidas, que se caracterizan pola baixa renda e poucas posibilidades de diversificación.
Por outra banda a nova reforma da PAC trae consigo a necesidade de dispor de terra para a distribución dos orzamentos, as axudas irán destinadas en base á superficie dispoñible das explotacións. En caso de aprobarse esta norma, habería unha importante de diminución das axudas percibidas na agricultura galega, debido á escasa dispoñibilidade e a baixa superficie declarada polas explotacións.
En Galicia as zonas rurais comprenden o 87% do territorio e están xestionadas polo 31% da poboación, polo que o factor clave para obter unhas rendas dignas basease na correcta xestión do territorio, na aplicación de medidas efectivas para a incorporación de terras ás explotacións que precisan delas para manter a súa supervivencia.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.