Galicia é a comunidade autónoma máis beneficiada na cesión gratuíta de cota procedente da reserva nacional leiteira efectuada polo MARM. Esta distribución vai dirixida específicamente a produtores xóvenes con programas de axuda á nova instalación e para gandeiros acollidos a esquemas de modernización das súas explotacións. Deste xeito, un total de 909 explotacións das catro provincias galegas recibirán 88.593 toneladas, sobre un total de 1.512 explotacións solicitantes en todo o conxunto do territorio nacional e sobre un total de 141.753 toneladas. Isto supón que os solicitantes galegos son o 60,12% dos beneficiarios e que o reparto de cota acada unha porcentaxe do 62,50% sobre o total.
O secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, considerou hoxe que este reparto da reserva nacional “é unha mostra máis do compromiso dos gandeiros coa modernización do sector, porque son eles os que, a pesares do maltrato das industrias e dos prezos á baixa que están a pagar, garanten un futuro para o sector lácteo de Galicia”.
Bello dixo que “se as industrias se implicasen nese futuro e deixasen de xogar con diferenciais negativos de prezos na nosa comunidade, as perspectivas do sector lácteo serían moito mellores”.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.