O sindicato Unións Agrarias, logo de coñecer hoxe da man da consellería de Medio Rural o modelo previsto para a posta en marcha dunha única Organización de Produtores Lácteos, (OPL), en Galicia valora positivamente a iniciativa xa que pode supoñer unha boa ferramenta para integrar e concentrar o sector na nosa Comunidade. Deste xeito a extensión dos contratos homologados e a apertura da posibilidade de negociación colectiva para os produtores son dúas das grandes oportunidades que se abren da man do novo regulamento. Polo que Unións Agrarias manifesta a súa aposta decidida por impulsar unha única OPL galega.
Unións Agrarias reclama que na aplicación da posta en marcha do novo decreto lácteo se teña en conta a figura dun arbitraxe que marque un prezo de non existir acordo entre produtores e compradores para evitar a indefensión dos primeiros fronte dos segundos na negociación. Do mesmo xeito, é imprescindible o deseño e concreción dun instrumento que garanta os gandeiros o cobro da súa produción fronte a insolvencias financeiras por parte dos compradores, tal como se ven vendo dun tempo a esta parte.
Finalmente, o sindicato considera imprescindible a convocatoria urxente da mesa do leite para impulsar políticas que rompan o estancamento nos prezos que están a sufrir os produtores galegos a diferenza dos europeos e españois que están disfrutar nos últimos de subas moderadas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.