Unións Agrarias reclama do novo paquete normativo que vén de ser dado a coñecer tanto pola Comisión Europea coma polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, que sirva para dar seguridade e garantías aos gandeiros á hora de entregar a súa produción ás industrias. O sector lácteo galego segue a perder converxencia cos seus competidores en países como Francia ou Alemaña, xa que seguimos mantendo un diferencial de 2 céntimos. Pero tamén coa media do mercado español, da que xa nos separan 0’8 céntimos.
Con este marco xeral, Roberto García, secretario xeral de UUAA, apoia a normativa comunitaria no tocante a capacitación aos gandeiros de negociación colectiva, xa que “pon fin ao entreguismo de Competencia para coas industrias lácteas o cando non lle permitía aos produtores concentrar a súa oferta para mellorar o prezo”. Porén, está regulación ten que ter en conta que os instrumentos nos que se apoie, xa sexan organizacións de produtores para a fixación de prezos ou organizacións agrarias para extensión dos contratos homologados, deben favorecer a fixación de índices de referencia que equilibren os distintos integrantes da formación de prezos.
Neste sentido, Unións Agrarias presentará o vindeiro xoves alegacións ao Real Decreto do Ministerio, entre outros aspectos, para que se habilite un mecanismo para que en caso de desacordo de prezo entre produtor e industria sexa a cotización media da comarca do gandeiro a que finalmente se impoña. Tamén se fai fincapé en que a garantía de recollida se arbitre con base no volume da cota e ata extinción destas e evitar o abandono de gandeiros e rutas por parte dalgunhas industrias
Roberto García anunciou así mesmo que UUAA está ultimando dúas denuncias que serán presentadas diante da Consellería e o Ministerio de Medio Rural para que investiguen a entrada masiva de cisternas de leite concentrado procedente de Francia co único obxectivo de alterar os prezos no mercado español, xa que pola información da que dispón a organización agraria, estas toneladas de leite foron pagadas aos produtores franceses a uns prezos moi por riba do que teñen fixados en España para a súa venda. Isto suporía ou ben unha liberación fraudulenta de excedentes ou ben un delito de maquinación para alterar o prezo das cousas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.