As organizacións profesionais agrarias e as cooperativas van manter as súas protestas e mobilizacións en demanda de prezos xustos para os produtores de leite galegos. Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e AGACA rexeitan o anuncio efectuado por algunha industria sobre subidas nas facturas de agosto aos gandeiros, ao entender que esta medida é absolutamente inasumible e insuficiente para o sector lácteo galego. O único anuncio que os gandeiros galegos esperan recibir é o da suba dos prezos do seu leite en niveis que os equiparen aos que xa reciben, como media, outros produtores da UE. Cómpre lembrar que os gandeiros galegos atópanse que a venda da súa produción está na franxa dos 28 céntimos, o que supón que as explotacións lácteas de Galicia seguen a percibir prezos entre os máis baixos das comunidades produtoras de España, cuns ingresos inferiores nun 13,4%.
Ao longo desta semana as organizacións e as cooperativas seguirán a explicar á cidadanía cales son as empresas que menos pagan aos seus proveedores e farán visible a súa protesta pola existencia nos lineais da gran distribución de leite por debaixo de 60 céntimos. Ademais, as organizacións e as cooperativas lamentan a actitude de supostos voceiros dos gandeiros que, dende unha actitude iluminada, defenden na práctica ás industrias que están arruínando aos produtores. Eses supostos representantes dos produtores non teñen representatividade acreditada no agro e, ademais, forman parte da Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil), o que explica a súa oposición ás mobilizacións dos gandeiros.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.