Por tal motivo, Xóvenes Agricultores esixe a simplificación e axilización dos trámites para a devolución do devandito imposto e a posta en marcha de medidas fiscais como a reducción dos “módulos” para paliar a grave crise que padece o campo galego.
Con este escenario, a organización que lidera Juan Pérez Miramontes insiste na imposibilidade do sector agrario de seguir soportando uns custos de producción tan elevados, que unidos á caída dos prezos provocan unha perda continua do poder adquisitivo dos agricultores.
Por outra parte, XXAA sigue insistindo en que é necesaria a urxente implantación dun gasóleo profesional a un prezo razoable dado que á suba dos últimos tempos únese, a partir de Xaneiro do 2007, outro imposto de 0,82 céntimos de euro por litro que grava o gasóleo. O incremento acumulado nos últimos tres anos de 0,15 euros provoca que unha explotación galega de consumo medio de 3.000 litros anuais teña que pagar 500 euros máis o ano.
En resumo, se temos en conta a alza dos recibos da luz entre 10 e 20 euros mensuais; o incremento dos prezos dos pienso, semillas, plásticos e fertilizantes; a obrigatoria destrucción de neumáticos que se viñan usando para suxeitar as lonas dos silos e gasóleo (entre 2 e 50 euros, dependendo do tamaño), podemos dicir que os costes dunha explotación media aumentarán sobre 5.000 Euros.
Un dos principais gastos dunha explotación son os piensos, que sufrirán un incremento dun 10% neste 2007, un aumento difícil de soportar para gran parte das explotacións. As granxas maioritarias en Galicia son as de 50 reses que gastan arredor de 3.000 euros mensuais de pienso, o que provoca que coa suba teñan que desembolsar 300 euros a maiores.
En Santiago, a 2 de febreiro de 2007
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.